A economía galega entre as que menos medra en España

Santiago Lago, Jose Francisco Armesto, Patricio Sánchez e Fernando González Laxe conversando antes do acto celebrado en Santiago
Santiago Lago, Jose Francisco Armesto, Patricio Sánchez e Fernando González Laxe conversando antes do acto celebrado en Santiago

4.12.2015

O IV Informe de Conxuntura 2015 do Foro Económico de Galicia foi presentado hoxe en rolda de prensa no centro social de Abanca en Santiago de Compostela.

Os datos analizados ata o mes de setembro indican que o PIB Galego presenta un crecemento do 2,1% interanual (fronte ao 3,9% de España) e un 0,7% intertrimestral (fronte ao 0,8% de España). Os economistas Fernando González Laxe, José Francisco Armesto Pina, Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas consideran que as dúas causas esenciais do peor comportamento da economía galega son: o menor gasto público en Galicia; e o menor consumo privado.

Galicia sitúase entre as cinco peores autonomías españolas por crecemento económico, tanto intertrimestral como interanual, segundo os datos do Foro Económico de Galicia correspondentes ao terceiro trimestre de 2015 (xuño-setembro).

Ver documento

Log in with your credentials

Forgot your details?