ANUARIO 2016: O Foro reúne aos principais partidos nunha axenda común

Foro-representantes
De esquerda a dereita: Santiago Lago, Jorge González Gurriarán, Pedro Puy, José Luis Méndez Romeu, Yolanda Díaz e Xavier Vence na presentación do Anuario 2016.

29.04.2016

O Anuario 2016 do Foro Económico de Galicia logra reunir en 14 análises de expertos e representantes políticos galegos (PP, PSdeG-PSOE, AGE e BNG) unha axenda común de propostas para reposicionar e mellorar a economía e a sociedade galega. O traballo presentado hoxe integra 13 análises elaborados por 17 expertos que diagnostican os principais problemas da economía galega e propoñen solucións.

O Anuario 2016 inclúe análises e propostas de Antón Costas, Fernando González Laxe, Yolanda Díaz, Pedro Puy, Xavier Vence, Elena Muñoz, Teresa Pedrosa, Santiago Lago Peñas, Albino Prada, José Luis Méndez Romeu, José Francisco Armesto Pina, Joam Facal, Xoaquín Fernández Leiceaga, Patricio Sánchez ou Francisco Carballo, baixo a edición de José Luis Gómez e Jorge González Gurriarán, que tamén aportan os seus puntos de vista.

O Foro Económico de Galicia está integrado por 50 empresarios, economistas e xornalistas económicos que, en seis anos, teñen elaborado 53 estudios e análises económicas sobre os sectores e os aspectos principais da economía e a sociedade galega.

O Anuario 2016, presentado hoxe en A Coruña analiza a situación de partida da Galicia de hoxe, en tódalas súas magnitudes económicas e sociais, as perspectivas para este ano e propón solucións contra o desemprego, a perda de peso económico, a creación de empresas, o novo escenario autonómico ou a loita contra a desigualdade.

Os 17 autores do Anuario 2016 do Foro Económico de Galicia non coinciden na análise nin comparten tódalas solucións, mais en tódolos traballos conflúen unha serie de medidas para reposicionar a Galicia, con estratexias para rexuvenecer a poboación, incentivar  a  internacionalización, o nacemento de empresas innovadoras, optimizar o investimento público, o financiamento autonómico, xerar máis recursos no agro e no sector alimentario e mesmo para a definir unha estratexia de marca-país.

Anuario 2016

Francisco Carballo-Cruz / Profesor do Departamento de Economía – Universidade do Minho (Portugal)

Lenta recuperación e incertidumbre en Portugal y Francia


Antón Costas / Catedrático de Economía. Universidad de Barcelona

Escenarios de España desde Cataluña


Yolanda Díaz / AGE

Estratexias para un novo pais


Joam Facal / Doutor en Ciencias Económicas

A internacionalización económica de Galicia


Xoaquín Fernández Leiceaga / Universidade de Santiago de Compostela e GEN

Perspectivas do modelo de estado: Quo vadis España


José Luis Gómez / Xornalista, editor de Mundiario

Una mirada a Europa desde Galicia y España


Jorge González Gurriarán / Catedrático xubilado da Universidade de Vigo

Viejos problemas conviven con nuevos riesgos


Fernando González Laxe, José Francisco Armesto Pina, Patricio Sánchez Fernández, Santiago Lago Peñas / Foro Económico de Galicia

Balance do 2015: Optimismo moderado


José Luis Méndez Romeu / Portavoz Grupo Parlamentario Socialista

Febles oportunidades e fortes ameazas


Elena Muñoz Fonteriz / Ex – Conselleira de Facenda da Xunta de Galicia

Perspectivas sobre financiación autonómica


Teresa Pedrosa Silva / Delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo

Emprender, innovar, transformarse y triunfar


Albino Prada / Doutor en Economía

Unha accesibilidade integral e sostible


Pedro Puy / Portavoz parlamentario do Grupo Popular

Os orzamentos de Galicia para 2016


Xavier Vence / Ex-Portavoz Nacional do BNG

Decálogo para unha Galiza necesitada de goberno de seu

Log in with your credentials

Forgot your details?