Anuario 2016: Unha ollada de modernidade para Galicia

Foro-representantes

25.04.2016

O Anuario 2016 ofrece unha interesante batería de propostas para reposicionar Galicia e evitar que siga a perder peso económico e demográfico no novo contexto español e europeo. O traballo está coordinado por Jorge González Gurriarán e José Luis Gómez e contén análises e propostas de Xavier Vence (BNG), Pedro Puy (PP), José Luis Méndez Romeu (PSdeG-PSOE), Yolanda Díaz (AGE), Fernando González Laxe, José Francisco Armesto Pina, Patricio Sánchez Fernández, Santiago Lago Peñas, Francisco Carballo, Antón Costas, Joam Facal, Xoaquín Fernández Leiceaga, Elena Muñoz, Teresa Pedrosa e Albino Prada, así como dos dous coordinadores.

O documento resume a situación económica actual de Galicia, os problemas dos seus dous principais mercados internacionais (Francia e Portugal), a mirada dende Cataluña, como encarar novo modelo de Estado, propostas de cambios ao sistema actual de financiamento autonómico, a potencia do apoio ao emprendemento, a proposta dunha nova política de infraestruturas e transporte, a proposta dos presupostos da Xunta para 2016 e as estratexias para afrontar as ameazas do paro, o envellecemento e a baixa natalidade.

Log in with your credentials

Forgot your details?