Conclúe a segunda edición do Foro Rural Casal de Armán sobre turismo rural galego

fotogrupal_casaldearman

O Foro Económico de Galicia reuniu o pasado 31 de maio a expertos, responsables das institucións e administración do mundo rural nunha xornada celebrada en Casal de Armán en Ribadavia (Ourense).

Co obxectivo de realizar unha diagnose sobre o turismo rural, o primeiro panel afondou nos beneficios económicos e sociais do turismo nestas áreas da man de María Xosé Andrade e Xulio Pardellas. Tras un pequeno tempo de debate, o segundo bloque abordou a temática da creación e comercialización dos produtos rurais galegos sendo os relatores Alexandra Seara e Cesareo Pardal. Na terceira sesión, xa na xornada da tarde, José Luis Maestro Castiñeiras e Xosé Santos Solla encargáronse de falar sobre a política turística e gobernanza na Galicia do futuro. A derradeira parte de resumo e debate final tivo como relatora a Nava Castro que reflexionou en torno aos retos e oportunidades do turismo en áreas rurais en Galicia.

Os resultados deste Foro Rural sairán a luz nos vindeiros meses como Documentos do Foro coas achegas tanto dos diferentes relatores, como dos asistentes á mesma que superaron a treintena de persoas. Polo de agora, balance positivo da xornada e xa pensando na vindeira edición no marco incomparable das instalacións de Casal de Armán.

Programa

Log in with your credentials

Forgot your details?