Consolidación do crecemento da economía galega

consolidacion-do-crecemento

Por segundo ano consecutivo a economía galega presenta un crecemento anual do PIB en termos reais do 3,1%.  Deste xeito encadenanse nove trimestres consecutivos con incrementos iguais ou superiores ao 3%.

Este crecemento macroeconómico é equilibrado ao presentar, tanto a demanda interna como externa, unha achega positiva.  No que atinxe á oferta, o aspecto máis destacado é a evolución positiva do valor engadido bruto xerado polas distintas ramas de actividade.

Asemade, a recuperación económica reflíctese nun bo comportamento dos grandes agregados do mercado de traballo atendendo á evolución da ocupación e a redución do desemprego.

Sen embargo, Galicia amosa dende o ano 2008 un nivel de competitividade inferior á media estatal, situándose en 2016 no 93,4% (porcentaxe inferior ao estimado para o período 2008-2010).  Ao tempo, Galicia caracterízase polo seu elevado minifundismo empresarial, que ademais é superior á media europea e as principais CC.AA.

Log in with your credentials

Forgot your details?