A economía galega consolida o seu crecemento

informe-conxuntura- IV

A economía galega mantén, por oitavo trimestre consecutivo, un crecemento superior ao 3%, amosando no terceiro trimestre do ano unha taxa de variación interanual do 3,1% (unha décima menos que no trimestre anterior).  Este feito consolida unha evolución semellante á da economía española que permite que sexan xa cinco os trimestres por riba da media do conxunto do Estado.

Dende o punto de vista da demanda, tanto a demanda interna como a externa presentan unha achega positiva, sendo a interna a que explica en maior medida o crecemento neste terceiro trimestre de 2017.  Pola outra banda, no lado da oferta, todas as ramas de actividade presentan taxas de variación interanuais positivas, salientando a construción que se sitúa como o sector de maior crecemento da economía galega, cun incremento do 4,2%.

O mercado de traballo galego presenta un comportamento razoablemente positivo en termos cuantitativos atendendo á evolución dos principais indicadores laborais considerados.  Non obstante, a súa evolución vese matizada polo seu peor comportamento en relación á media española, a paulatina caída da poboación activa de 25 a 34 anos, a elevada taxa de temporalidade, e o aínda elevado peso relativo do paro de longa duración.

Log in with your credentials

Forgot your details?