A economía galega ralentiza o seu ritmo de crecemento

3-info-conxuntura

Tras dez trimestres consecutivos con taxas de crecemento interanuais iguais ou superiores ao 3%, a economía galega amosa no segundo trimestre de 2018 unha medra do 2,8% segundo se desprende da Contabilidade Rexional publicada polo Instituto Galego de Estatística.  Esta porcentaxe supón tres décimas menos que o primeiro trimestre, se ben o PIB galego segue a medrar por riba da media española (2,7%) e da Unión Europea (2,2%).

Xunto coa súa ralentización, este crecemento agregado do PIB amosa un cambio relevante fronte ao acontecido nos anos anteriores.  No segundo trimestre a súa tendencia ven explicado pola achega da demanda interna, xa que a demanda externa detrae dúas décimas ao devandito crecemento. A significativa contribución da demanda interna, que se sitúa en 3,0 puntos, o valor máis elevado dende o terceiro trimestre de 2007, pode considerarse como un dos aspectos máis salientables. Por contra, a achega da demanda externa en Galicia foi negativa, detraendo dúas décimas ao crecemento do PIB, aspecto que non acontecía dende finais de 2012.

No que ao mercado de traballo se refire, os seus grandes agregados manteñen unha tendencia positiva atendendo tanto ao maior dinamismo no proceso de creación de emprego como á caída do desemprego, especialmente significativo no caso do paro de longa duración.

Log in with your credentials

Forgot your details?