Estimación do PIB de Galicia para 2018

consolidacion-do-crecemento

O Foro Económico de Galicia ven de presentar por segundo ano, as previsións de crecemento para a economía galega. O obxectivo deste informe é triple. Primeiro, ordena e presenta todas a previsións dispoñibles para o PIB de Galicia en 2018. Segundo avalía e informa da capacidade preditiva das diferentes institucións públicas e privadas para o período 2015 a 2017. En derradeiro termo e a partires do anterior, ofrece unha previsión baseada na combinación das diferentes cifras dispoñibles utilizando para isto diferente información (cuantitativa e cualitativa) ao seu alcance.

O resultado final achega unha estimación por parte do Foro Económico de Galicia de crecemento do PIB en 2018 do 2,9%.

Log in with your credentials

Forgot your details?