Foro Económico de Galicia e Zona Franca lanzan o Cadro Económico de Galicia

Foto para portada

08.03.2017.

O Foro Económico de Galicia continúa a colaborar con entidades clave da economía galega para levar a cabo o seu labor de informar á sociedade sobre o desenvolvemento da súa economía.

O Cadro Económico de Galicia, elaborado polos investigadores do Foro Económico de Galicia, mostra os principais indicadores que reflicten de forma actualizada a conxuntura económica en Galicia. As variables máis representativas do PIB e agregados de demanda, indicadores de actividade e consumo, emprego e prezos poden ser consultados cun só vistazo cando visiten a páxina principal do Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV).

A nova ferramenta informativa inclúe a comparación co período anterior e a súa evolución durante o ano en curso a partir de fontes de información estatística privadas e públicas.

Os datos son accesibles a través da páxina web do Consorcio Zona Franca de Vigo, onde se poden consultar tanto o cadro completo de indicadores económicos actualizados como o histórico de indicadores.

cadro-economico-de-galicia (NOTICIA)

Log in with your credentials

Forgot your details?