Galicia en boa situación cara os desafíos da dixitalización

Foto_01-02-18

O Foro Económico de Galicia vén de presentar un novo Documento titulado “Diagnóstico actual e propostas de futuro para a dixitalización en Galicia” do que é autor o catedrático da Universidade de Vigo, Domingo Docampo. O punto de partida do traballo é tratar de dar resposta a pregunta de se Galicia está no lugar que lle corresponde en canto ao proceso de dixitalización. Con esta finalidade, o autor fai unha revisión de que é o que se debe entender como dixitalización e como afecta aos distintos axentes dun territorio: individuos, empresas e institucións que acceden a infraestruturas modernas de telecomunicación e fan uso das mesmas.

A situación actual (fronte ao acontecía hai poucos anos) é que Galicia atópase na situación que lle corresponde posto que non existe unha falta de infraestruturas para emprender proxectos dixitais e a cidadanía dispón de redes de primeiro nivel. Este feito, leva ao autor a salientar que cómpre reforzar os esforzos públicos e privados cara o mercado dixital único e á potencial economía dixital europea promovida pola Unión.

O documento conclúe cunha serie de propostas de actuación que se centran fundamentalmente na Administración Pública polo seu rol na consolidación de infraestruturas, así como na apertura de novos mercados. Estas propostas agrúpanse baixo tres eixos: a administración dixital, a empresa dixital e as propias infraestruturas, para as que se concretan diferentes iniciativas a emprender ou afondar.

Ver documento

Log in with your credentials

Forgot your details?