Foro Económico de Galicia no xurado para escoller a mellor ‘Fábrica 4.0’

Laxe-PerezNieto-Gurriaran
Jorge González Gurriarán (1º pola dereita), conversa con Fernando González Laxe e  Emilio Pérez Nieto nun acto do Foro.

03.04.2016

O Foro Económico de Galicia designou ao catedrático Jorge González Gurriarán para participar no xurado que seleccionará aos mellores proxectos piloto de Fabrica 4.0 de Galicia, nun programa de axudas industriais e premios convocado pola Consellería de Economía e Industria, o Instituto Galego de Promoción Empresarial (Igape) e maila Axencia Galega de Innovación. O xurado estará integrado por 3 expertos españois i estranxeiros e deberá seleccionar ao mellor proxecto de cada sector empresarial, ata un máximo de catro proxectos piloto de fábricas 4.0.

Jorge González Gurriarán é membro do Foro Económico de Galicia case dende a súa fundación, é catedrático de Organización de Empresas pola Unversidade de Vigo e un dos maiores expertos galegos en cadenas e clústeres empresariais, que ten analizado en múltiples estudios.

A Consellería de Economía e Industria quere incentivar a modernización da industria galega e a implementación de innovación, a traves da creación de centros de innovación directamente ligados á producción industrial galega. Os proxectos presentados deben pertenecer a aló menos 3 pemes galegas por proxecto, e deben incluir a participación dun centro tecnolóxico ou universidade de apoio á innovación.

Log in with your credentials

Forgot your details?