Previsión de 2,5% de crecemento para Galicia no 2016

Informe-Conxuntura-1-2016
Foto: De esquerda a dereira, Patricio Sánchez, J.F. Armesto Pina, González Laxe e Santiago Lago.
08.03.2016

O Foro Económico de Galicia prevé que a economía galega poda medrar un 2,5% en PIB (Producto Interior Bruto) neste exercicio 2016. O Foro xa atinou coa súa previsión no 2015, que pechou cun 2,1% máis de PIB que en 2014.

O primeiro Informe de Conxuntura de Galicia do 2016 foi presentado hoxe no centro social de Abanca en Santiago de Compostela diante dos xornalistas económicos galegos. O estudio está elaborado por Patricio Sánchez, José Francisco Armesto Pina, Santiago Lago Peñas e Fernando González Laxe (coordinador), que onte expuxeron as claves da evolución económica de Galicia.

O director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago Peñas, subliñou a importancia de evolucionar o modelo industrial de Galicia e tratar de que o sector industrial aumente o seu peso ata o 20% do PIB, dende o 16% actual.

Ver informeGlosario

Log in with your credentials

Forgot your details?