Informe de Conxuntura II/2015: o PIB se recupera, mais segue caendo a poboación activa

(de esq. a dta.) Patricio Sánchez (subdirector do Foro), Santiago Lago (director do Foro), Fernando González-Laxe (coordenador Informe de Conxuntura) e José F. Armesto Pina

(de esq. a dta.) Patricio Sánchez (subdirector do Foro), Santiago Lago (director do Foro), Fernando González Laxe (coordenador Informe de Conxuntura) e José F. Armesto Pina (coautor do Informe)

2/07/2015
A economía galega segue o seu proceso de recuperación (+0,9% no primeiro trimestre de 2015) , mais segue a caída da poboación activa (-1,3%) e baixa por vez primeira en seis anos a productividade do traballo.
O Foro Económico de Galicia presentou hoxe (2 de xullo) en Santiago o Informe de Coxuntura do segundo trimestre de 2015, elabourado polos economistas Fernando González Laxe (coordinador), José Francisco Armesto Pina, Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas.
O informe revela un aumento da poboación galega ocupada dun 0,5% (987.500 ocupados), cunha reducción de 21.200 parados (-7,1% de descenso do patro no primeiro trimestre de 2015). Mais volve a caer a poboación activa (-16.600 personas no trimestre) e pro vez primeira dende que comezou a crise a productividade aparente por hora traballada, se reduce. O informe inclúe un capítulo especial para analizar o sector conserveiro galego.
Ver informeGlosario

Log in with your credentials

Forgot your details?