III Reunión Casal de Armán

IMG_5109_1

25.05.2018

Dende a súa creación, esta reunión dos membros do Foro céntrase no mundo rural galego conscientes da importancia do sector primario na economía galega.  Nesta ocasión, o eido de análise foi o sector vitivinícola que constitúe un dos principais referentes da actividade económica agraria de Galicia.  Nomeadamente, estase a falar dunha actividade que ocupa case o 20% da superficie das explotacións galegas e que, en termos de emprego, supón case o 5% dos traballadores galegos na industria alimentaria.

Esta xornada fixo fincapé nos principais retos aos que se enfronta o sector entre os que se atopa, consolidar produto de calidade que garanta e consolide a súa evolución futura.  É por iso que aspectos tales como a innovación, a concentración (tanto en superficie como en empresas), a diversificación ou a internacionalización tratáronse por expertos e profesionais do sector ao longo de todo o día.  O obxectivo final foi concluir cunha serie de propostas e recomendacións a medio prazo para os distintos axentes implicados que contribúan de maneira decidida á súa mellora.

Programa

Log in with your credentials

Forgot your details?