O I+D+i cae un 20% en Galicia dende 2008

I-D-i

A automoción está entre os sectores con maior investimento en I+D+i

1/10/2015

O investimento de Galicia en investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) baixou en Galicia nun 19,77% entre 2008 e 2013, segundo o estudio presentado hoxe polo Foro Económico de Galicia. A redución da I+D+i case duplica a baixada en España (-11,5% entre 2008-2013), e se sitúa en 469 millóns de euros.

A caída do investimento é maior na achega das empresas, que pasan a representar un 46% do total da I+D+i fronte ao 48% de 2008. A cifra de empresas con actividades innovadoras reduciuse no mesmo período en 864 compañía, deixando a lista de empresas innovadoras en 1.066. As empresas galegas explican a súa redución en innovación á incerteza da demanda e, fundamentalmente, a falla de fondos e recursos para investir en I+D+i.

Na actualidade o investimento de Galicia en I+D+i representa o 0,9% do PIB e só chegou a acadar o 1% do PIB en 2007 e 2008.

Así e todo o último dato de rexistro de patentes en Galicia (ano 2012) indica a achega de 185 patentes, o que representa o 5,7% de todas as patentes españolas.

O Foro Económico de Galicia é un grupo independente integrado por 40 dos mellores economistas galegos das tres universidades galegas e outras autonomías e países, empresarios e profesionais do mundo empresarial e do xornalismo económico de Galicia. A organización naceu formalmente no ano 2010 co obxectivo de plantexar propostas de mellora para a economía galega, dende a transferencia de coñecemento da universidade á sociedade

Ver documento

Log in with your credentials

Forgot your details?