O PIB de Galicia medra ao 2% interanual

De esquerda a dereita, os investigadores González Laxe, José Francisco Armesto, Patricio Sánchez e Santiago Lago

De esquerda a dereita, os investigadores González Laxe, José Francisco Armesto, Patricio Sánchez e Santiago Lago

1/10/2015

O crecemento económico de Galicia situarase algo por riba do 2% interanual no terceiro trimestre deste ano, segundo o novo Indicador Foro de Conxuntura Económica presentado hoxe en Santiago de Compostela. O traballo está coordinado polo economista galego Fernando González Laxe e polo equipo integrado por José Francisco Armesto Pina, Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas.
O Informe de Conxuntura de Galicia correspondente ao terceiro trimestre de 2015 analiza como factores positivos do aumento da riqueza galega a redución do desemprego, o forte aumento do investimento (+7,2% de crecemento interanual) e o aumento da produción en tódolos sectores produtivos.
Os economistas do Foro Económico de Galicia poñen de manifesto os factores negativos da evolución económica ata setembro: Galicia está entre as 5 autonomías con menos crecemento de España; a produtividade segue a ser baixa, especialmente na industria manufactureira galega (un 77,9% da media española); e a progresiva caída da poboación activa (-1,1% entre marzo e xuño de 2015).

O Foro Económico de Galicia é un grupo independente integrado por 40 dos mellores economistas galegos das tres universidades galegas e outras autonomías e países, empresarios e profesionais do mundo empresarial e do xornalismo económico de Galicia. A organización naceu formalmente no ano 2010 co obxectivo de plantexar propostas de mellora para a economía galega, dende a transferencia de coñecemento da universidade á sociedade.

Ver documento

Log in with your credentials

Forgot your details?