Presentación en Ourense do primeiro estudio da FP Dual

Presentacion-estudioFP
De esquerda a dereita: Alberto Vaquero, Alberto Gago, Emilio Pérez Nieto, Eloy Pérez e Patricio Vázquez, falan antes do acto de presentación do estudio.
16.02.2016

Os economistas do Foro Económico de Galicia e mailo presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar presentaron hoxe en Ourense o primeiro estudio sobre o funcionamento da Formación Profesional (FP) Dual en España i en Galicia.

O estudio foi presentado en rolda de prensa polos investigadores Alberto Gago, Eloy Pérez e Alberto Vaquero, autores do informe, xunco co subdirector do Foro Económico de Galicia, Patricio Vázquez, e polo socio empresarial do Foro, Emilio Pérez Nieto, presidente da asociación de empresarios familiares de Galicia.

O estudio analiza os dous primeiros cursos de implantación da FP Dual, un sistema que incorpora as empresas ao esquema educativo con prácticas de formación.

Na actualidade 102 empresas participan en Galicia na implantación da FP Dual que, con 22 especialidades profesionais de oferta, teñen implantado a un total de 543 alumnos.

O estudio revela unha baixa taxa de implantación ata 2015, con só un 0,75% dos alumnos galegos de FP, fronte ao 1,28% de media española. Segundo os autores, Galicia ten unha importante potencialidade para o funcionamento progresivo da FP Dual, ao manter as máis elevadas taxas brutas de escolarización en FP de España (un 48% no grado medio e un 46% no grado superior).

O Foro Económico de Galicia recomenda apostar pola FP Dual en materias e empresas do sector alimentario (lácteo, viño e produción alimentaria).

Ver documento

Log in with your credentials

Forgot your details?