Oito propostas para atraer capital risco

ManoloRodriguez-LuisOtero-IgnacioRguez
O empresario Manolo Rodríguez e os autores do estudio, Luis Otero-González e Luis Ignacio Rodríguez Gil, durante a presentación no Círculo de Empresarios de Galicia.
20.01.2016
Galicia está entre as seis últimas autonomías españolas en atracción de capital risco para empresas de base tecnolóxica, así como na captación de crowdfunding ou en redes de business angels. O Foro Económico de Galicia propón 8 solucións concretas para cambiar a tendencia.
Os especialistas do Foro Económico de Galicia Luis Otero-González e Luis Ignacio Rodríguez Gil consideran imprescindible cambiar as condicións de base da economía galega para atraer máis investimento de capital risco e outros sistemas para xenerar máis emprego de calidade e empresas innovadoras. As súas propostas resúmense en 8 accións:
 

1.     Incremento do gasto en I+D para converxer a medio prazo coa media española. Favorecer a  actividade desenvolvida polos institutos e centros de investigación, as universidades e as empresas.

2.     Selección de ámbitos estratéxicos de investimento, tales como:

·       novas enerxías

·       aeronáutico

·       biotecnoloxía e saúde

Sectores onde o investimento público axude a sementar as bases para o posterior asentamento de empresas interesadas nestes tipos de proxectos.

3.     Aumentar os recursos dedicados a capital risco. Incrementar a capacidade financeira de Xesgalicia e dos operadores que veñen demostrando habilidades para seleccionar bos proxectos e acompañalos, incrementando a súa taxa de éxito, como son Unirisco e Vigo Activo. Sería desexable triplicar os recursos dispoñibles das sociedades que operan en Galicia e atraer a atención de investidores nacionais ou estranxeiros.

4.     Sería interesante que Abanca recuperase a Gescaixa para potenciar o desenvolvemento do capital risco privado.

5.     Buscar a maior implicación das sociedades dependentes de entidades financeiras que operan en Galicia ( Caixabank-La Caixa, Santander ou BBVA) mediante a coparticipación en proxectos con axentes locais.

6.     Crear un fondo de capital risco ao amparo do ICO para financiar a expansión de empresas galegas con potencial de crecemento.

7.     Actuar activamente na configuración de redes galegas transfronteirizas de business angels para mellorar a capacidade financeira das mesmas e a interacción entre os axentes privados.

8.     Poñer en marcha redes de crowdfunding de préstamo e capital apoiadas nas institucións financeiras existentes na comunidade.

Ver documento

Vídeo introductorio

Log in with your credentials

Forgot your details?