Presentación do documento 50 Propostas para Galicia

O Foro Económico de Galicia plantexa 50 medidas para recuperar o emprego

Galicia pechou 12.756 centros de traballo en 7 anos, 5 por cada día da crise

O Foro Económico de Galicia (FEG) presenta un documento de síntese que contén 50 propostas para mellorar a economía de Galicia. As propostas plantexan estratexias para rexuvenecer a poboación, aumentar a súa internacionalización, a potencia marítima e portuaria, o naval, a optimización do investimento públicos, o financiamento autonómico, a optimización dos recursos do agro e mesmo a definición dunha estratexia de marca de Galicia.

O documento foi presentado en Vigo polos economistas Santiago Lago (director do FEG), Albino Prada (autor do estudio de internacionalización) e Fernando González Laxe (estudio marca-país). O traballo contén unha síntesis dos 9 análises elabourados en 2014 por un grupo de máis de 30 economistas e empresarios galegos que participan no Foro Económico de Galicia.

O FEG propón aumentar nun 23% o número de empresas galegas exportadoras; crear unha estratexia internacional de Galicia como marca-país; duplicar a cifra annual de investimento estranxeiro en Galicia; conter a emigración xuvenil e rexuvenecer a poboación con 20.000 e fomentar a natalidade con investimento en escolas infantis; aumentar o Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) ata un mínimo de 270 millóns de euros anuais; concentrar a explotación agraria nun máximo de 35.000 explotacións (dos 1,6 millóns de propietarios actuais); fomentar a potencia portuaria galega cunha política comercial de implique servizos de transporte porta a porta; e resolver as crises cíclicas dos asteleiros galegos cunha especialización en buques e artefactos mariños máis sofisticados.

5 empresas menos por cada día da crise

A consecuencia máis palpable da crise en Galicia foi o peche de empresas e a destrucción de emprego. Galicia ten hoxe 12.756 centros de traballo menos e 175.700 personas desocupadas máis que no 2007. O FEG fixo onte unha análise dos principais datos que encadran as consecuencias da crise económica en Galicia, no primeiro ano (2014) con crecemento económico en Galicia dende 2007 e logo de oito anos continuados de estancamento e recesión da economía galega. Galicia perdeu 5 centros de traballo cada día: dende o 2007 xeneráronse 160.500 parados máis que no 2007 e 175.700 ocupados menos (un 164% máis de parados e un 14,7% menos de ocupados).

O dato positivo está no segundo e terceiro trimestres de 2014, nos que o PIB e a ocupación empezaron a medrar , creándose 1.743 novos centros de traballo, recuperándose 34.500 ocupados e reducindo 48.600 parados.

Outra tendencia que actuou procíclicamente a favor da crise foi a caída do crédito financeiro, de todo tipo, a empresas e familias. Hoxe se concede un 31% menos de crédito en Galicia (20.700 millóns menos ao ano) que en 2007. Pola contra, o aforro galego acada no terceiro trimester de 2014 o seu récord histórico, con 57.338 millóns. A reconversion bancaria e a concentración das novas sedes dos bancos en Madrid e Barcelona, que implica unha maior concentración do crédito nestas dúas provincias.

Ver documento

Log in with your credentials

Forgot your details?