A economía galega continúa coa súa senda de crecemento expansiva rexistrando, por cuarto trimestre consecutivo, taxas de crecemento superiores ao 3%.

informe-conxun-II-17

As principais características deste crecemento da economía galega son o equilibiro na achega da demanda interna e externa e que todos os sectores agás a industria, presentan taxas de variación interanuais positivas, ralentizándose novamente o veb da industria manufactureira.

Por terceiro trimestre consecutivo mantendse unha medra superior á media española que se sustenta na maior contribución do saldo exterior neto e polo crecemento do sector servizos.

No que atinxe ao mercado de traballo presenta un comportamento positivo en termos cuantitativos, ao experimentar un incremento nos niveis de ocupación como na de persoas paradas.  Neste eido persisten tres aspectos negativos: o peor comportamento en relación á media española, a paulatina caída da poboación activa máis nova e o elevado peso relativo do paro de longa duración.

Luiz de Mello, director xeral adxunto da OCDE, salienta que Galicia ten unha economía aberta e ben integrada na cadea de valor o que lle permite beneficiarse do crecemento no resto do mundo a través do comercio e o investimento.

 

Ver documento

Log in with your credentials

Forgot your details?