Unha estratexia para a Galicia rural do século XXI

presentacion-rural

Edelmiro López e María do Mar Pérez intentan poñer sobre a mesa algunhas orientacións e propostas para o debate sobre o futuro do rural galego; os elementos necesarios para crear “Unha estratexia para a Galicia rural do século XXI”. Este documento, xunto aos documentos 20/2017 e 18/2016, teñen coma orixe os textos debatidos na xornada Propostas para a Galicia Rural do Século XXI, celebrada en xuño do 2016 polo Foro Económico de Galicia en Casal de Armán (Ribadavia).

As transformacións que experimentou a economía e a sociedade galega desde mediados do século XX orixinaron un forte declive das áreas rurais, paralelo á concentración da poboación e a actividade económica nas zonas urbanas, especialmente do Eixo Atlántico. Esa perda de peso acompañouse de profundas mudanzas das áreas rurais, tanto na estrutura demográfica como na base económica e na xestión do territorio o que deixou unha configuración dun medio rural característico.

Partindo desa realidade, unha estratexia para a Galicia rural do século XXI require un cambio de enfoque ou paradigma. Tentando abandonar a mirada ao pasado cara unha perspectiva de futuro onde se configure un novo rural adaptado á realidade actual da sociedade galega.

Substituíndo iso por unha perspectiva de futuro: como configurar un novo rural, un “rural posible” adaptado á realidade actual da sociedade galega.

Ver documento

Log in with your credentials

Forgot your details?