Renovar a xestión pública dos montes

monte

Os profesores Juan Picos e Edelmiro López Iglesias veñen de presentar un informe para potenciar e aumentar o emprego ligado á explotación dos bosques galegos. O Foro Económico de Galicia constata que o 40% da superficie dos montes veciñais está xestionada pola Xunta, o que convirte á administración autonómica no maior vendedor de madeira de Galicia, especialmente de madeira de piñeiro. O estudio propón medidas de xestión, asociacionismo e innovación.

Segundo o informe asinado por Juan Picos, “a industria de transformación da madeira ven sufrindo un descenso acusado das vendas iniciado co cambio de ciclo do sector da construción, e agravado pola crise financeira global e o descenso do consumo. Ante esta situación semella imprescindible adoptar medidas que podan mellorar a competitividade das empresas e a súa masa crítica nos mercados exteriores e naqueles nos que a recuperación económica poda preverse a menor prazo. Complementariamente, deben desenvolverse novas canles de comercialización, como a gran distribución e as vendas online”.

Log in with your credentials

Forgot your details?