Sector lácteo: 40% da produción, 8% do emprego

Santiago Lago (á esquerda), director do Foro Económico de Galicia xunto ao autor do informe, Edelmiro López Iglesias (á dereita), durante a presentación.
 Santiago Lago, director do Foro Económico de Galicia, e o autor do informe, Edelmiro López Iglesias (á dereita), durante a presentación.

10.11.2015

López Iglesias (experto en economía agraria) presentou hoxe nunha rolda de prensa no centro social de Abanca, en Santiago de Compostela, o estudo O complexo lácteo galego nun mercado liberalizado.
O estudo indica que Galicia está entre as 10 rexións europeas con maior produción láctea e na zona onde se está producindo a maior concentración da produción. O sector suma na actualidade 10.000 explotacións gandeiras de leite, con 350.000 vacas leiteiras e só 1.977 ocupados, debido a febleza da industria transformadora no territorio. A producción láctea ocupa o 7,5% da superficie galega en 220.000 hectáreas de terreos. López Iglesias considera que debe afrontarse unha reforma agraria potente e intelixente, que permita ampliar a superficie das granxas leiteiras en 130.000 hectáreas máis, de xeito que se reduza ao máximo a dependencia dos pensos de alimentación, mellore a calidade e a rendibilidade da produción leiteira.
López Iglesias considera que non vai a incrementarse a produción actual, que xa representa o 40% do total de España, pero si debe incidirse na atracción de capital para que o sector gañe peso económico e produción en Galicia dos produtos da transformación (postres, queixos, bebidas). A falla de transformación no territorio implica que o 30% do leite que se produce en Galicia se exporte en bruto, normalmente a industrias doutras zonas de España.

Ver documento

Log in with your credentials

Forgot your details?