Planificación e proxección do sector vitivinícola de Galicia: Realidade, desafíos e retos

conxuntura-4-18

Planificación e proxección do sector vitivinícola de Galicia: Realidade, desafíos e retos

· O sector galego mantén a necesidade dunha maior profesionalización dos viticultores e bodegas, de aproveitar as sinerxias con outros sectores e traballar a calidade e singularidade.
· O mercado exterior presenta un comportamento moi positivo, malia que presenta o desafío dunha tendencia decrecente do consumo.

Ourense 25.01.2019

A industria vitivinícola constitúe un sector estratéxico para a economía galega atendendo non só á súa importancia económica, senón tamén dada a súa dimensión social, cultural e medioambiental. Galicia conta con cinco das noventa denominacións que hai en España (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras), cun emprazamento xeográfico concentrado no sur da Comunidade, e o minifundismo empresarial coincidente co dos sectores agrícolas e gandeiros galegos: En 2016 case a quinta parte do total de explotacións galegas (18,3%) correspondían a viñedos.
A estrutura empresarial no que atinxe ao número de empregados e facturación concéntrase moi maioritariamente nas micro-empresas, que supoñen catro de cada cinco empresas en canto ao emprego (un 82,6%) e case tres cuartas partes por facturación (un 71,8%).
O sector vitivinícola non é alleo aos cambios que se están a producir nos mercados internacionais: a negociación da nova política agraria común, ou o grao de exposición da industria ao Brexit (Reino Unido é o segundo mercado das exportacións españolas tras os EUA). Uns retos que toca afrontar e que se poden agrupar en catro grandes áreas, todas elas interrelacionadas:
1. A necesidade de aumentar o tamaño das explotacións, que presentan una superficie media inferior a 0,2 hectáreas, cando no conxunto do Estado sitúase en torno a 1,8 hectáreas.
2. A profesionalización do sector, que se reflicte na necesidade de incorporar xente nova á actividade, nunha mellora da dinámica innovadora, e na transformación dos procesos de comercialización e internacionalización.
3. A procura de sinerxías con outros sectores como o turismo ou a gastronomía.
4. O afondamento no modelo de negocio de xeración de valor baseado na diferenciación, a calidade e a singularidade dos viños, destacando neste eido o papel dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe.

Log in with your credentials

Forgot your details?