Sesión de traballo sobre a ‘Industria 4.0′ co conselleiro de Economía

Reunion-conselleiro-Economia
Foto: un aspecto da reunión mantida co conselleiro de Economía e Facenda, Francisco Conde, e o equipo do IGAPE.
29.03.2016

Economistas, empresarios e xornalistas do Foro Económico de Galicia desenvolveron unha xuntanza de traballo co equipo da Consellería de Economía e Industria para analizar a Axenda da Competitividade de Galicia e o programa Industria 4.0 que está a elaborar a Xunta de Galicia.

O obxectivo do traballo e elevar a industrialización de Galicia, para que o PIB industrial pase de ser o 13,19% actual ao 20% no ano 2020. A xuntanza, a segunda que se celebra nos últimos meses, asistiron o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e mailo equipo da consellería e do Instituto Galego de promoción Económica (Igape). Por parte do Foro Económico de Galicia asistiron doce economistas, empresarios e xornalistas económicos, baixo a moderación de Santiago Lago Peñas, director da asociación.

O Foro Económico de Galicia trasladou ao conselleira as medidas que considera máis axeitadas para aumentar o peso industrial de Galicia e xerar emprego estable en diferentes sectores. Os membros da Consellería de Economía se comprometeron a analizar o xeito de levar á práctica as melloras propostas, entre as que se inclúen incentivos para aumentar o tamaño das empresas galegas e medidas para atraer máis investimento estranxeiro.

Log in with your credentials

Forgot your details?