A Galicia do século XXI no sistema europeo de transporte marítimo-terrestre

Presentacion-documento-26

A Galicia do século XXI no sistema europeo de transporte marítimo-terrestre

**  A análise dos sistemas de transporte en Galicia resulta un tema recorrente nos derradeiros anos.

**  Galicia ficou relegada nas formulacións iniciais dos novos Corredores de Transportes europeos.

**  Conectividade e inserción constitúen as dúas eivas principais das actividades produtivas galegas.

Os profesores Fernando González Laxe, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Coruña e Jaime Barreiro Gil,profesor de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, son os autores do documento número 26 do Foro Económico de Galicia no que se reflexiona encol da modernización do Sistema Galego de Transportes, concentrando a atención na súa fasquía marítimo-terrestre.

Os autores parten do parcial relegamento de Galicia (ao igual que outras Comunidades Autónomas e rexións europeas) nas formulacións iniciais dos novos Corredores de Transportes europeos que non garanten a súa intermodalidade nin a total interoperatividade do sistemas e modos de transporte. Asemade, salientan para a situación galega os seus baixos índices de utilización dos investimentos, onde destaca negativamente o escaso número de plataformas loxísticas que permitan maximizar as economías de aglomeración.

No documento chámase a atención sobre o incumprimento parcial dos obxectivos referentes a infraestruturas de grande influencia económica e vencelladas ás políticas de ordenación territorialcomo o AVE, os Portos Secos e as relacións ferro-portuarias.  Igualmente, sinálanse outras dúas eivas de grande transcendencia estratéxica que cumpre atender axiña: os baixos índices de conectividade internacional e a reducida inserción das actividades produtivas e de servicios nas cadeas globais de subministro.

O documento completo pode ser consultado de xeito gratuito no seguinte enlace.

Log in with your credentials

Forgot your details?