VIII Reunión Anual de A Toxa do Foro Económico de Galicia

Fotogrupo

O Foro Económico de Galicia acordou hoxe a realización dunha guía básica para reunir as principias propostas e potencialidades para fornecer a industria galega existente e atraer novos investimentos industriais.

Industria

A proposta aprobouse logo dun intenso debate entre economistas e empresarios, a partir do estudio elabourado polo doctor en Economía, Albino Prada, titulado A Industria en Galicia. O traballo deste autor subliña as fortalezas la industria galega, tanto en tamaño, como en porcentaxe do PIB, como no seu papel tractor para outro tipo de empresas. O profesor e analista indicou que, se ben Galicia ten un bo comportamento exportador cara o exterior de España (internacionalización), rexistra datos claramente mellorables en cando á venda de productos no mercado interior español. O debate centrouse sobre si a instalación de parte da cadena de producción galega que se está a asentar no norte de Portugal e un problema de deslocalización e destrucción de emprego ou se é unha vantaxe competitiva para a Eurorrexión. Asemade, no debate quedou clara a necesidade dun alixeramento da burocracia como pulo chave para o desenvolvemento industrial en Galicia.

Dixitalización

A dixitalización da economía e da poboación foi o tema abordado na sesión da tarde, coas intervencións de Domingo Docampo (Universidade de Vigo), Antonio del Corral (R) e María Pereira (Axencia TIC Galicia). O documento central de discusión, presentado por Domingo Docampo, indica que tanto en níveis de acceso como de infraestructura os indicadores de dixitalización das novas tecnoloxías a partires de Internet ocupan un ránking alto no conxunto da Unión Europea. Por exemplo, no dato de acceso a internet por móbil, Galicia/España ocupan o sexto mellor lugar de Europa, só por detrás dos países nórdicos e o Reino Unido.

Transporte marítimo e terrestre

Os profesores Fernando González Laxe e Jaime Barreiro relataron o principais retos aos que se enfronta Galicia dentro do sistema europeo de transporte.Entre os principais aspectos tratados cómpre sinalar a necesidade de acometer estratexías de desenvolvemento integral nas que se integren os diferentes actores (locais, rexionais, nacionais e transnacionais). Isto debería reforzar os mecanismos de cooperación e a implicación de todos os axentes económicos. Outro aspecto sinalado na sesión, sobre o que houbo un consenso xeneralizado entre os asistentes, foi a necesidade de utilizar as conexións ferroviarias cos portos, así como reforzar a aposta pola intermodalidade. Un tema que despertou certa polémica foi o relativo aos métodos de avaliación destas infraestruturas, sobre todo en canto ao momento que deben ser empregados: antes ou despois da súa construción. A inevitable comparación con outros territorios do Estado, e sobre todo, co corredor mediterráneo tamén foi obxecto de debate na sesión.

Perspectiva da OCDE

A xornada rematou cun relalorio de Luis de Mello, director adxunto da OCDE, quen achegou aos asistentes as principais liñas de traballo da súa institución en materia de desenvolvemento territorial e rexional. En concreto incidiu nos principais aspectos de desenvolvemento económico dunha sociedade tales como a conectividade, a aglomeración ou a fragmentación administrativa. Asemade, chamou a atención sobre aspectos non sempre coñecidos, como é o feito do grao de urbanización dunha economía como a europea que supera o 80%.

Entre os principais desafíos mencionados, o relator lembrou a necesidade de propiciar condicións para o desenvolvemento dos sectores máis dinámicos onde Galicia se atopa nunha situación relativamente favorable no seo das rexións da OCDE.

Ver programa

Log in with your credentials

Forgot your details?