Civis Global, Geriatros, Maviva e Mapfre súmanse ao Foro Económico de Galicia

posando-Cumio2016

Vénse de incorporar ao Foro no derradeiro mes de marzo e participarán na Reunión A Toxa Foro Económico de Galicia de discusión e propostas para a economía galega que se celebra o 20 e 21 de abril.

Civis Global é unha das principais construtoras integrais galegas que realiza obras de infraestruturas públicas, edificación de oficinas e vivendas e nos últimos anos se especializou como unha construtora de factorías industriais e sedes empresariais. Entre as súas últimas obras destacan a nova factoría de Frigalsa/Atunlo en Vigo, a reconstrución da factoría de Fandicosta (Moaña) ou a nova sede empresarial e social do Real Club Celta en Vigo.

Geriatros é unha das empresas máis importantes no sector do servizos socio-sanitarios, tanto por volume de prazas destinadas ao coidado da poboación maior como polo modelo de atención a persoas con problemas de saúde mental e discapacidade. Conta con unha rede estendida por toda España que oferta 21.900 prazas en 154 centros.

Maviva é un grupo empresarial especialista en solución loxísticas deseñando e desenvolvendo os procesos dunha ou varias fases da cadea de suministro do seu cliente como aprovisionamento, transporte, almacenaxe, distribución e incluso certas actividades do proceso produtivo, que se consegue co soporte de infraestruturas, tecnoloxías e sistemas de información propios.

Mapfre é a aseguradora de referencia no mercado español. Conta con máis de 6,6 millóns de clientes, cerca de 11.000 empregados e é a rede de distribución más ampla do seguro, con ao redor de 3.000 oficinas. Ademais, mantén acordos de distribución con diferentes entidades financeiras, o que lle permite comercializar os seus produtos a través de outras 3.200 oficinas máis.

Log in with your credentials

Forgot your details?