A economía galega medra máis que a española por vez primeira dende a crise

Presentacion-Informe-Conx-4-2016
Patricio Sánchez, Santiago Lago, José Francisco Armesto e Fernando González Laxe durante o acto de presentación do Informe de conxuntura socioeconómica IV/ 2016

21.12.2016

O Informe de Conxuntura Económica de Galicia corresponde ao terceiro trimestre de 2016 e presentado hoxe en Santiago de Compostela, constata que a economía galega está a medrar un pouco máis que a economía española, por vez primeira dende o inicio da recuperación económica no 2014. O PIB galego medra, ata setembro 2016, a unha media interanual do 3,3%, fronte ao incremento interanual medio do 3,2% do PIB de España.

O estudio está coordinado por Fernando González Laxe, coa participación dos economistas José Francisco Armesto Pina, Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas. O Informe de Conxuntura de Galicia foi presentado esta mañá en rolda de prensa na sede de Abanca na praza de Cervantes da capital de Galicia.

Ver Informe de conxuntura IV-2016

Log in with your credentials

Forgot your details?