A economía galega remata 2016 medrando ao 3,4%

MR_ECO_NAVAL006
A cifra de negocios das empresas industriais medrou por enriba do 5% en 2016 en Galicia. Foto: Miguel Riopa / Punto GA Comunicación

 

28.02.2017
A economía galega rematou o ano 2016 medrando ao 3,4% segundo o Indicador Abanca Foro de Conxuntura Económica, elabourado polo Foro Económico de Galicia. O Indicador constata o maior crecemento anual da economía galega dende hai 9 anos, se ben é certo que a aceleración continua detectada en meses pasados tocou teito en novembro, cando se acadou unha taxa internaual do 3,7%.
Segundo o estudio, as variables mais expansivas (con aumentos de máis do 5% anual) son as exportacións de bens, a cifra de negocios do sector servizos, o transporte aéreo de pasaxeiros e a cifra de negocios da industria.
As únicas grandes áreas de medicion que decrecen en Galicia no ano 2016 son a producción de automóbiles e a importación de bens.
O Indicador Abanca Foro de Conxuntura Económica mide a evolicoón da actividade económica de Galicia, a partir dun traballo análitico que engloba as 15 principais variables económicas de Galicia. O traballo está elabourado por un equipo de expertos do Foro Económico de Galicia, baixo a dirección dos profesores Fernando González Laxe, Xosé Francisco Armesto Pina, Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas.

Log in with your credentials

Forgot your details?