A empresa Revi incorpórase ao Foro Económico de Galicia

JulioIglesiasGarcía
Julio Iglesias García, presidente de Revi

02.05.2016

A compañía Revi, con sede en Ourense, entra a formar parte do panel permanente de debate e propostas do Foro Económico de Galicia, integrado por 14 empresarios galegos, dúas institucións públicas, pola asociación de empresas familiares galegas (55 empresas), 40 investigadores socioeconómicos das tres universidades galegas e doutras universidades e 15 xornalistas económicos.

Revi é un grupo industrial e comercial especializado na fabricación de material eléctrico, cables e conduccións, con presenza no mercado español e internacional. O grupo galego terá como principal participante no panel a Julio Iglesias García, presidente de Revi. A incorporación de Revi coincide este ano coas das compañías Gas Natural Fenosa e Inveravante.

O Foro Económico de Galicia cumpre 6 anos de funcionamento como unha organización especialmente adicada a analizar os principais aspectos socioeconómicos de Galicia, co obxectivo de propor solucións para xerar emprego, riqueza e competitividade.

Os economistas galegos tamén realizan, dende Galicia, estudios económicos de ámbito estatal que teñen sido referencia en diferentes campos do coñecemento económico. Na súa andaina o Foro Económico de Galicia ten elaborado e publicado un total de 53 documentos con máis de 50 propostas para mellorar a economía de Galicia, para os principais sectores industriais tanto en economía pública como privada.

A organización está dirixida por un comité executivo que, na actualidade, está conformado por Santiago Lago Peñas (Universidade de Vigo, exerce de director do Foro), Fernando González Laxe (Universidade da Coruña), Víctor Nogueira (empresario, Nogar), Pedro Puy Fraga (Universidade de Santiago), Emilio Pérez Nieto (empresario, Pérez Rumbao) e Manuel Rodríguez Vázquez (empresario, Rodman).

O Foro Económico de Galicia celebra o 5 e 6 de maio o seu cumio anual, na illa de A Toxa. O encontro anual reúne, en varias sesións de traballo de dous xornadas, a tódolos socios e membros natos do Foro, sobre un programa de cinco documentos para ser debatidos e analizar propostas de competitividade para a economía galega.

O Foro Económico de Galicia elabora trimestralmente un Informe de Conxuntura da economía galega, coordinado polo profesor Fernando González Laxe, e cada mes presenta un Indicador de Conxuntura que anticipa a evolución da economía en base á un método de medición da actividade económica galega.

Log in with your credentials

Forgot your details?