Abanca incorpórase como socio patrocinador ao Foro Económico de Galicia

Francisco Botas participa nun dos actos do Foro Económico de Galicia
Francisco Botas, conselleiro delegado de Abanca, durante a súa intervención no cumio do Foro Económico de Galicia celebrado en maio de 2016.

16.11.2016

A entidade financeira galega Abanca  entra a formar parte do panel permanente de debate e propostas do Foro Económico de Galicia, integrado por 14 empresarios galegos, dúas institucións públicas, a asociación de empresas familiares galegas (55 empresas), 40 investigadores socioeconómicos das tres universidades galegas e doutras universidades e 15 xornalistas económicos.

Abanca é a principal entidade financeira española con sede en Galicia, onde é líder indiscutible por número de clientes, captación de aforro e investimento crediticio, tanto para particulares como para empresas. Abanca tamén é  o principal socio privado de Afundación, fundación sen ánimo de lucro adicada ao investimento social e apoio a iniciativas socioculturais en Galicia. Abanca estará representada no Foro Económico de Galicia polo seu conselleiro delegado, Francisco Botas. A incorporación de Abanca súmase este ano ás das empresas galegas Revi, Gas Natural Fenosa e Inveravante.

Abanca colabora co Foro Económico de Galicia na elaboración mensual do Indicador Abanca Foro de Conxuntura, que permite medir en tempo real a evolución da actividade económica galega a partir dun modelo de tabulación e selección de variables elaborada polos expertos do Foro, baixo a dirección de Patricio Sánchez e Santiago Lago.

O Foro Económico de Galicia cumpre 6 anos de funcionamento como unha organización especialmente adicada a analizar os principais aspectos socioeconómicos de Galicia, co obxectivo de propor solucións para xerar emprego, riqueza e competitividade.

Os economistas galegos tamén realizan, dende Galicia, estudios económicos de ámbito estatal que teñen sido referencia en diferentes campos do coñecemento económico. Na súa andaina o Foro Económico de Galicia ten elaborado e publicado un total de 53 documentos con máis de 50 propostas para mellorar a economía de Galicia, para os principais sectores industriais tanto en economía pública como privada.

A organización está dirixida por un comité executivo que, na actualidade, está conformado por Santiago Lago Peñas (Universidade de Vigo, exerce de director do Foro), Fernando González Laxe (Universidade da Coruña), Víctor Nogueira (empresario, Nogar), Pedro Puy Fraga (Universidade de Santiago), Emilio Pérez Nieto (empresario, Pérez Rumbao) e Manuel Rodríguez Vázquez (empresario, Rodman).

O Foro Económico de Galicia celebra o 5 e 6 de maio o seu cumio anual, na illa de A Toxa. O encontro anual reúne, en varias sesións de traballo de dúas xornadas, a todos os socios e membros natos do Foro, sobre un programa de cinco documentos para ser debatidos e analizar propostas de competitividade para a economía galega.

O Foro Económico de Galicia elabora trimestralmente un Informe de Conxuntura da economía galega, coordinado polo profesor Fernando González Laxe, e cada mes presenta un Indicador de Conxuntura que anticipa a evolución da economía en base á un método de medición da actividade económica galega.

Log in with your credentials

Forgot your details?