Construción e industria, o que máis medra en Galicia ata setembro 2015

Un edificio de recente  construción en Vigo

Un edificio de recente construción en A Coruña

04.12.2015

O sector da construción medrou un 5% entre xuño e setembro de 2015, o que o converte no de maior crecemento da economía galega neste momento, seguido pola industria manufactureira (+4,8%). Pola contra as actividades que seguen amosando baixos crecementos son as de ventas de automóbiles particulares, alimentación e turismo.

O Foro Económico de Galicia constata que o consumo alimentario non deixa de caer na Comunidade dende 2007, en contra da tendencia española.

Galicia segue a ser, así a todo, a autonomía que maior proporción de gasto particular adica a alimentación no fogar e coche particular, e a que menos gasta en alimentación fora do fogar.

Ver Informe Conxuntura

Log in with your credentials

Forgot your details?