Galicia, a máis alta taxa de escolarización en FP

soldador-asteleiro
Un soldador traballa nun estaleiro galego.

16.02.2016

Galicia ten a máis alta taxa bruta de escolarización en FP de España, o que a sitúa como a Comunidade con mellores condicións para desenvolver a FP dual. Os economistas do Foro Económico de Galicia Alberto Gago, Eloy Pérez e Alberto Vaquero, analizan os dous primeiros cursos de implantación da Formación Profesional Dual en España i en Galicia. Os datos revelan que Galicia ten un grado de implantación do sistema dual moi inferior á media española (0,75% dos alumnos de FP, fronte ao 1,28% de media española). Entre 2013 e 2015 na formación dual participan 543 alumnos en Galicia, en 102 empresas que contratan alumnos de 22 especialidades profesionais. En España as cifras son de 9.500 alumnos e 1.570 empresas ten en marcha.

“A FP Dual non é a solución milagreira para o sistema educativo, mais as cifras e o crecemento nos seus dous primeiros cursos, amosan as súas potencialidades” sinalan os autores.

O Foro Económico de Galicia propón, para toda España, o obxectivo de acadar aló menos os 20.000 alumnos en formación dual en España ata o 2025, o que representaría o 3% dos estudantes de FP. Para Galicia, os economistas do Foro consideran prioritario estender as prácticas duais á Formación Profesional do sector primario, en cursos de empresas vitivinícolas, lácteas e alimentarias.

Os autores sosteñen no informe que “Galicia ten condicións moi favorables” para ser un referente en formación dual en España: Galicia ten a máis alta taxa de escolarización en FP de grado medio (48%) e a segunda taxa de escolarización máis elevada (só por detrás do País Vasco) en grado superior (45,9%).

Ver Documento

Log in with your credentials

Forgot your details?