Galicia, entre as seis CCAA menos atractivas para o capital risco

Patricio Sánchez, Manolo Rodríguez e os autores do informe Capital Risco
De esquerda a dereita: Patricio Sánchez, Manolo Rodríguez e os autores do estudio, Luis Otero-González e Luis Ignacio Rodríguez Gil.

20.1.2016

As cinco autonomías españolas máis desenvolvidas (País Vasco, Navarra, Madrid, Cataluña e Aragón) duplican a Galicia en porcentaxe de emprego de calidade en empresas de base tecnolóxica. As cinco primeiras autonomías están no 10% de emprego neste tipo de empresas, mentres que Galicia só ten un 4,7% dos seu empregos neste campo e sitúase entre as seis peores de España. A media española acada o 6,6%.
Os datos proceden do estudio O capital risco e outras fontes alternativas de financiamento das empresas galegas, presentado hoxe en Vigo no Círculo de Empresarios de Galicia polos economistas Luis Otero-González e Luis Ignacio Rodríguez Gil e o empresario Manuel Rodríguez Vázquez, do Foro Económico de Galicia.

Ver Estudio sobre Capital Risco

Log in with your credentials

Forgot your details?