Hierros Añón incorpórase ao Foro

17.03.2015

Hierros Añón, ven de incorporarse o grupo socios e participantes do Foro Económico de Galicia, que queda integrado por 10 compañías galegas clave nos seus sectores, ademáis de pola Asociación de Empresas Familiares de Galicia (que reúne as 47 principais empresas galegas), e das entidades públicas Consorcio da Zona Franca de Vigo, Compañía da Radio e Televisión de Galicia e do grupo de investigación económica GEN da Universidade de Vigo.

Cada empresa, asociación, grupo de investigación ou organismo público aporta a participación activa dos seus principias ejecutivos nos debates, estudios e informes do Foro Económico de Galicia.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento en materia económica dende as empresas e universidades galegas á sociedade e aos espazos de decisión pública. É́ unha ferramenta da sociedade civil que pretende contribuír a coñecer mellor os retos, desafíos, oportunidades e ameazas sobre a estrutura produtiva galega, as súas empresas e o seu sector público. O Foro integra a profesores e investigadores, empresarios e directivos representativos dos diferentes sectores e áreas de Galicia, e xornalistas galegos de referencia.

Log in with your credentials

Forgot your details?