Indicador mensual: A economía galega mantén no 2,8% o ritmo de crecemento en febreiro 2016

Indicador mensual febreiro

02.05.2016

O Indicador mensual do Foro Económico de Galicia revela que a actividade económica galega mantivo en febreiro deste ano un crecemento da actividade do 2,8% interanual. O mantenemento do ritmo de crecemento é significativo en Galicia, xa que contrasta coa desaceleración da actividade no conxunto de España.
O Indicador Foro de Conxuntura de Galicia é un medidor adiantado da evolución da actividade económica galega, único que se publica en Galicia, e que permite aproximar o crecemento económico con ata dous meses de adianto sobre a publicación de datos por parte dos instituros estatísticos oficiais. O indicador mensual do Foro Económico de Galicia está confeccionado cos principais datos de actividade económica e industrial (afiliacións, producción de vehículos, cemento, comercio exterior, etc) actualizados ata o 29 ata a data da súa confección (29 de febreiro, neste caso). O traballo é elaborado polo equipo de expertos de Conxuntura do Foro Económico de Galicia, coordinados por Fernando González Laxe, con Patricio Sánchez Fernández, José Francisco Armesto Pina e Santiago Lago Peñas.

Indicador Foro de ConxunturaNota técnica Indicador

Log in with your credentials

Forgot your details?