Nace a Asociación Foro Económico de Galicia

reunion sobre internacionalizacion
Membros Foro Económico de Galicia durante a presentación dun estudio sobre endebedamento internacional.

03.10.2016

O Foro Económico de Galicia ven de constituir a Asociación Foro Económico de Galicia, integrada na actualidade por 17 empresas e institucións galegas, presidida por Emilio Pérez Nieto e dirixida por Santiago Lago Peñas. A asociación facilita a participación das principais empresas galegas nos debates e aportacións do Foro Económico de Galicia.

O Foro Económico de Galicia está formado un grupo de 40 economistas e investigadores socioeconómicos das tres universidades galegas e por profesores e catedráticos de outras universidades españolas e doutros países. A organización adícase á producción de análises e propostas para mellorar a economía e a sociedade galega, a partir de traballos elabourados polos seus equipos de economistas, investigadores, profesores, xornalistas económicos e directivos de empresas que forman parte da organización. O Foro Económico de Galicia sempre considerou fundamental a participación das principáis empresas e institución galegas pola súa aportación en base á realidade empresarial e polo amplo coñecemento que atesora o empresariado galego para propor solucións e asuntos de debate. A maioría dos documentos e propostas do Foro están asinados conxuntamente por economistas e executivos de empresas galegas.

A Asociación Foro Económico de Galicia constituise formalmente en maio de 2016 coas seguintes empresas asociadas: Asociación Galega da Empresa Familiar, Hierros Añón, Revi, BricoKing, Hijos de Rivera, Rodman, Coren, Inveravante, Grupo de Investigación GEN (Universidade de Vigo), CRTVG, Jealsa, Consorcio da Zona Franca de Vigo, Ence e grupo Nogar.

Log in with your credentials

Forgot your details?