Novo libro de Xosé Carlos Arias e Antón Costas

Xosé Carlos Arias e Antón Costas publican La nueva piel del capitalismo

15.11.2016

Antón Costas e Xosé Carlos Arias, economistas do Foro Económico de Galicia, publican o libro La nueva piel del capitalismo.  Unha análise sobre o aumento da desigualdade, a desregulación e os novos métodos financeiros adoptados tras a crise do 2008. Prácticas que non fixeron máis que continuar incrementando o endebedamento mundial.

La nueva piel del capitalismo é o segundo libro conxunto entre Arias e Costas tras a publicación de La torre de la arrogancia, unha análise das causas que provocaron a crise financeira do 2008.

Ambos traballos son froito da intensa colaboración entre os dous economistas, que resultou na publicación de case unha decena de documentos de análise e artigos co-asinados.

Xosé Carlos Arias é especialista do Foro Económico de Galicia en política económica e economía pública internacional, e exerce como profesor de economía aplicada na Universidade de Vigo.

Antón Costas é catedrático de política económica da Universidade de Barcelona.

Log in with your credentials

Forgot your details?