Os galegos gañan 800 euros menos ao ano que en 2008

21.12.2016

O PIB per cápita galego pasou de 21.226 euros no ano 2008 aos 20.431 euros no ano 2015, segundo a nota de conxuntura divulgada hoxe polo Foro Económico de Galicia e que recolle a evolución de 15 variables claves para a economía galega.

O informe dos economistas galegos, coordinado por Fernando González Laxe, indica a contracción do PIB industrial, que cae dende o 19,5% que representaba sobre a produción galega no 2008 ao 18,8% que representa no 2015. A maior caída reflíctese no PIB da construción, que pasa de representar o 12,1% da economía galega a só o 6,6%. Pola contra durante a recesión económica, constátase o crecemento do peso do sector do comercio (medra 2 puntos ata o 24,4%) e do sector público (tamén medra 2 puntos ata o 19,4%).

O sector con mellor comportamento en Galicia entre 2008-15 e o comercio internacional. As exportacións galegas medran en 3.100 millóns de euros, mentres as importacións caen en 380 millóns de euros, provocando un saldo comercial positivo récord de 3.710 millóns de euros.

Ver Nota de conxuntura

Log in with your credentials

Forgot your details?