Portugal volve desacelerarse

13.06.2016

A economía portuguesa se desacelera, cun moderado crecemento do 0,9% no primeiro trimestre de 2016 (Galicia rexistra un 2,9% no primeiro trimestre), e logo de medrar só un 1,5% no 2015 e nun 0,9% no 2014.

O profesor Francisco Carballo Cruz, do Foro Económico de Galicia e profesor da Universidade do Minho, analiza a situación da economía lusa nun informe presentado hoxe en Santiago de Compostela. Os datos reflicten que Portugal conta cun PIB de 179.000 millóns de euros, aínda hoxe inferior ao que rexistraba en 2010. A pesar dos riscos de estancamento, a economía portuguesa segue a presentar unha taxa de paro (12,4%) moi inferior á galega (18,2%).

Ver

Log in with your credentials

Forgot your details?