Seis propostas para o sector lácteo galego

Edelmiro López Iglesias, autor do informe e experto en economía agraria.

Edelmiro López Iglesias, autor do informe e experto en economía agraria.

10.11.2015

 O Foro Económico de Galicia realizou hoxe seis grandes propostas para mellorar o emprego e a aportación de riqueza do sector lácteo galego, no estudio O complexo lácteo galego nun mercado liberalizado, asinado por Edelmiro López Iglesias, profesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago.
As propostas inclúen a incentivación de investimento privado para aumentar a industria transformadora e a súa innovación e marca en Galicia; o aumento dun 40% da superficie rústica dedicada ás explotacións leiteiras; a redución da dependencia dos pensos; e o fomento das cooperativas de produción leiteira organizadas.
O estudio recolle que Galicia é unha das principais rexións europeas en produción (e a primeira de España, con grande diferencia), e unha das últimas en peso cooperativo: só un 7% da produción está organizada en cooperativas, fronte ao 97% de Irlanda, o 70% de Alemaña ou o 40% de Francia.
Ver documento

Log in with your credentials

Forgot your details?