Tres propostas para internacionalizar máis Galicia

Xoan Lópe Facal
Xoán López Facal (segundo pola esquerda) nunha sesión de debate do Foro Económico de Galicia.

07.07.2016

O Foro Económico de Galicia presentou hoxe, no Centro Social Abanca de Santiago de Compostela, un traballo que analiza a internacionalización da economía galega e propón tres solucións de base para aumentala. O documento está asinado por Xoán López Facal (Universidade de Santiago), coa edición de Albino Prada (Universidade de Vigo), e establece tres propostas para mellorar a internacionalización galega:

  1. Tomar como referencia a experiencia vasca, tanto no funcionamento da súa axencia SPRI como na atracción de investimento xerada polos seus polígonos tecnolóxicos.
  2. Profesionalizar as complementariedades entre Galicia o Portugal.
  3. Crear unha oficina galega de apoio para captar investimento estranxeiro e apoiar o investimento das empresas galegas no exterior.

O documento recolle as principais deficiencias de Galicia en materia de internacionalización, co obxectivo de corrixilas. Galicia só dispón dun 1,9% de tódalas filiais de empresas estranxeiras asentadas en España, só representa un 1,06% do investimento internacional que entra en España e tamén ten un exiguo peso na captación de inmigrantes.

Xoán López Facal relaciona a crise económica cos movementos migratorios, constatando que a crise xerou un saldo migratorio negativo (-2.500 emigrantes galegos ano), que contrasta cos saldos positivos dos anos previos á recesión (+9.800 inmigrantes). O Foro Económico de Galicia tamén subliña a importancia do capital corporativo, xa que o maior impacto positivo do investimento internacional “concéntrase máis no país receptor que no país emisor”.

Log in with your credentials

Forgot your details?