Unha estratexia marítima integral

GALICIA, ECONOMIA, MAR, ACUICULTURA, CAMARIÑAS, RODABALLO, PRODUCCION, ALIMENTACION, DEPOSITO, STOLT, SEA, FARM, INVERSION

16.03.2017.

A economía do mar duplicará as súas cifras de valor e emprego antes de 2030. Unha conclusión tirada de recentes estudios da OCDE que o catedrático de Economía e membro do foro Económico de Galicia Fernando González Laxe usa para sinalar a necesidade dunha estratexia marítima integral en España.
O autor do estudio La nueva economía del mar y el futuro de la industria marítima-portuaria sinala que a economía dos diversos sectores marítimos contribúen nun 2,5% ao valor engadido mundial e xeral un total de 31 millóns de empregos.
O traballo denuncia o escaso interese de España en adoptar unha estratexia marítima pola que apostan países como Portugal, Reino Unido, Francia ou Irlanda. Esa política debería integrar, segundo o autor do traballo, a todos os sectores de actividade relacionadas coa economía do mar, especialmente aquelas que presentan estimacións dun maior incremento na súa contribución ao valor engadido no horizonte de 2030: as enerxías eólicas mariñas (24,52%), as actividades portuarias (4,58%), as industrias de procesado de pesca (6,26%) ou a industria da acuicultura (5,69%).
Tanto as actividades directas como as transversais (equipamentos e servizos marítimos) ou as derivadas da proximidade ao mar (turismo) forman un conxunto que debe ser obxecto dunha xestión integral “para poder evaluar la eficacia social económica territorial de las inversións públicas (…) promover la innovación en las estructuras de la gobernanza (…) y medir la amplitud de los resultados de las industrias vinculadas”. Só así, conclúe González Laxe, pódese desenvolver unha mellor capacidade de predición sobre a evolución de todos os sectores implicados.

Log in with your credentials

Forgot your details?