Unir o Eixo Atlántico para combater o avellentamento

José González - Melchor Fernandez-David Peon
De esquerda a dereita, José González (Casal de Armán), Melchor Fernández (USC) e David Peón (UDC) logo da presentación hoxe en Santiago.

9.02.2017

O Foro Económico de Galicia publica hoxe un traballo que analiza as consecuencias da crise demográfica da poboación galega e propón catro medidas concretas para combater o avellentamento e potenciar a economía e o benestar xeral da Comunidade. Desafíos dunha sociedade avellentada e en declive: desequilibrios territoriais e prestación de servizos é un traballo asinado polo experto do Foro Económico de Galicia e doutor en Economía pola Universidade Autónoma de Barcelona, Melchor Fernández, e polo investigador da Universidade da Coruña, David Peón. O estudo preséntase hoxe en Santiago de Compostela coa presenza dos autores, do empresario vitivinícola do Foro Económico de Galicia, José González, e outros economistas e empresarios da asociación.

Problema

O traballo analiza que máis das tres cuartas partes da poboación e da riqueza de Galicia están concentradas no Eixo Atlántico, un conglomerado de 109 concellos, 7 cidades que representan o máis puxante e rico de Galicia (260 habitantes/Km2, 21.000 euros de renda per cápita, 45 anos de idade media). Pola contra a Galicia central, que ocupa a meirande parte do territorio, ten unha densidade de 52 habitantes/Km2, con so 19.000 euros de renda per cápita e unha idade media da poboación de 52 anos. Na Galicia central, e especialmente nas zonas de montaña, Galicia presenta o maior problema de desenvolvemento de España, cun 23,6% dos habitantes con dificultades de acceso a servizos básicos, fronte ao 9,8% de media española. Entre os servizos con dificultade de acceso para a poboación atópanse: tendas de alimentación, servizos bancarios, sanitarios, postais, de transporte e ensino obrigatorio.

Solucións

Para resolver os problemas de declive demográfico e dispersión, o Foro Económico de Galicia propón 5 medidas concretas:

  • Apostar por dinámicas cooperativas entre os concellos da franxa costeira galega para convertela nunha cidade puxante e global, de 1,8 millóns de habitantes, e intimamente ligada e atractiva para o Norte de Portugal revitalizando a Eurorrexión.

  • Rede de infraestruturas de usos múltiples. Centros comarcais que unifiquen e concentren nas cabeceiras comarcais da Galicia central os principais servizos públicos: cultura, ensino, sanidade e servizos sociais.

  • Unidades móbiles de atención sanitaria e social a partir dos centros de usos múltiples.

  • Forte aumento das infraestruturas e conexións telemáticas, sobre todo para a prestación de servizos preventivos de sanidade.

  • Unificación do historial social de cada individuo, que permita a súa atención pública e a prestación de servizos de xeito preventivo dende as cabeceiras comarcais.

Ler traballo

Log in with your credentials

Forgot your details?