Galicia conxuntura




Informes de conxuntura

O informe de conxuntura socioeconómica do Foro Económico de Galicia nace co obxectivo final de subministrar a todos os axentes económicos e sociais a información básica e estratéxica que permita definir a situación actual da economía galega. Asemade, pretende facilitar a avaliación continua das magnitudes máis salientables e definitorias do contexto económico e social do noso País, amosando a súa dinámica e precisando a súa evolución; e apuntar os avances e melloras, mais tamén os atrancos ou retrocesos na súa dinámica macroeconómica. O coordinador do informe é Fernando González Laxe.




Notas de conxuntura

As Notas de Conxuntura son breves estudios focalizados en aspectos ou sectores concretos da economía, incluidos dentro de cada informe de conxuntura socioeconómica do Foro Económico de Galicia.




Previsións de crecemento do PIB de Galicia

O obxectivo deste informe é triple. Primeiro, ordena e presenta todas a previsións dispoñibles para o PIB de Galicia. Segundo avalía e informa da capacidade predictiva das diferentes institucións públicas e privadas. En derradeiro termo e a partires do anterior, o informe ofrece unha previsión de consenso baseada na combinación das diferentes cifras dispoñibles e propón unha banda de confian­za a partires da información máis recente do Indicador ABANCA-Foro de conxuntura económica.




Barómetro exportador – BAEXGA

O Baexga é un novo instrumento presentado polo Foro Económico de Galicia para avaliar a marcha das exportacións galegas tanto en volume como en número de empresas, en comparación coa media española. Utiliza catro variables de medición aplicadas tanto ao volume exportado coma ao número de empresas exportadoras: a evolución total no período, o destino das exportacións aos países da UE ou ás economías emerxentes (EE) e a evolución total na última década.
O Baexga é coordinado por Albino Prada Blanco.