Chaves para o aproveitamento marítimo – portuario – loxístico de Galicia

docum-1-chaves
Fernando González Laxe
Albino Prada
Victor Nogueira
Juan Luis Arregui

Xuño de 2013.
Documento 1/2013

Ainda que os precursores e os ilustrados non escolleron os recintos portuarios coma a primeira panca para o desenvolvemento económico do país, si tracexaron, pola contra, determinadas pautas para aproveitar as infraestructuras e o posicionamento xeográfico dos mesmos de cara a canalizar o comercio exterior.

Tanto Somoza de Monsoriu, coma José Cornide ou Lucas Labrada, por exemplo, enfatizaron a relevancia que posuían as actividades marítimas a través dos seus escritos. Todos eles, salientaron a instalación, na cidade da Coruña, do Consulado do Mar e das escolas de capacitación pesqueiras noutras localidades coma aposta decisiva cara a un potenciamento das actividades marinas.

Pasados os anos, Galicia foi especializándose nestas apostas e froito desa relevante inclinación temos unha grande heteroxeneidade, tanto espacial como sectorial das actividades marítimo-portuarias. Para alguns, como resultado de integrar territorialmente o espazo económico; para outros, é a plasmación dunha orientación dispersa e pouco complementaria.

PDF

Log in with your credentials

Forgot your details?