Gasto en alimentos (IV/2015)

Un momento da descarga, na lonxa de grandes peixes de Vigo.

Informe de conxuntura socioeconómica 4/2015

Comentario I

Impacto da crise nos hábitos de consumo alimentario

Fernando González Laxe (Coord.)
José Francisco Armesto Pina
Patricio Sánchez Fernández
Santiago Lago Peñas

CONTIDO

As familias galegas adican o 16,3% dos gastos do fogar a produtos alimenticios, o que a converten na comunidade española con maior proporción de consumo no fogar destes produtos (a media española é do 10%). Pola contra, Galicia é a autonomía con menor gasto en alimentos fora do fogar.

Os economistas do Foro Económico de Galicia veñen de realizar un estudio sobre o impacto da crise económica no consumo alimentario entre os anos 2007 e 2014. Segundo o estudio, Galicia está entre as catro autonomías con menor redución de gasto das familias durante a crise, cunha redución de só un 1,4%, fronte a unha caída do PIB no mesmo período superior ao 9%.

Por termo medio, cada fogar galego gasta ao ano 25.921 euros, fronte aos 27.038 euros de gasto medio nun fogar español.

PDF

Log in with your credentials

Forgot your details?