I+D+i en Galicia (III/2015)

Foro-graficoI-D

Informe de conxuntura socioeconómica 3/2015

Comentario I
Investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i)

Fernando González Laxe (Coord.)
José Francisco Armesto Pina
Patricio Sánchez Fernández
Santiago Lago Peñas

CONTIDO

Galicia perdeu 300 investigadores entre 2008 e 2013 e se sitúa como a quinta autonomía con máis personal adicado á investigación, con 9.386 profesionais e 5.397 investigadores. O traballo elabourado polo Foro Económico de Galicia analiza que no período da crise 2008-2013 tamén desapareceron 864 empresas con actividades innovadoras.

O investimento de Galicia en investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) baixou en Galicia nun 19,77% entre 2008 e 2013, segundo o estudio presentado hoxe polo Foro Económico de Galicia. A redución da I+D+i case duplica a baixada en España (-11,5% entre 2008-2013), e se sitúa en 469 millóns de euros. A caída do investimento é maior na achega das empresas, que pasan a representar un 46% do total da I+D+i fronte ao 48% de 2008. A cifra de empresas con actividades innovadoras reduciuse no mesmo período en 864 compañía, deixando a lista de empresas innovadoras en 1.066. As empresas galegas explican a súa redución en innovación á incerteza da demanda e, fundamentalmente, a falla de fondos e recursos para investir en I+D+i.

Na actualidade o investimento de Galicia en I+D+i representa o 0,9% do PIB e só chegou a acadar o 1% do PIB en 2007 e 2008. En España esta ratio está no 1,3% en 2013 e chegou a acadar o 1,4% no 2008.
Así a todo Galicia o último dato de rexistro de patentes en Galicia (ano 2012) indica a achega de 185 patentes, o que representa o 5,7% de todas as patentes españolas.

O Foro Económico de Galicia é un grupo independente integrado por 40 dos mellores economistas galegos das tres universidades galegas e outras autonomías e países, empresarios e profesionais do mundo empresarial e do xornalismo económico de Galicia. A organización naceu formalmente no ano 2010 co obxectivo de plantexar propostas de mellora para a economía galega, dende a transferencia de coñecemento da universidade á sociedade.

PDF

Log in with your credentials

Forgot your details?