Informes de Conxuntura

O informe de conxuntura socioeconómica do Foro Económico de Galicia nace co obxectivo final de subministrar a todos os axentes económicos e sociais a información básica e estratéxica que permita definir a situación actual da economía galega.
Asemade, pretende facilitar a avaliación continua das magnitudes máis salientables e definitorias do contexto económico e social do noso País, amosando a súa dinámica e precisando a súa evolución; e apuntar os avances e melloras, mais tamén os atrancos ou retrocesos na súa dinámica macroeconómica. O coordinador do informe é Fernando González Laxe.

Log in with your credentials

Forgot your details?